Aprobados oposición Notarías - Aprobados oposición Notarías - Colegio Notarial de Galicia

Actualidad
Albisteak
Bilatzailea
Aprobados oposición Notarías
A Academia do Colexio Notarial de Galicia achega oito dos 92 aspirantes que superaron este ano as oposicións a notario

15/10/2024
Heitor Bello Díaz-Quintela, María Belén Cordero Taborda, Andrés García-Bengoechea Hernández, Alba Mecerreyes Martínez, Paula Mecerreyes Martínez, John Pérez Sánchez, Luis Sande Antón e Paula Ulla Campos son os oito aspirantes formados na Academia de Opositores de Galicia que superaron as oposicións a notario celebradas este ano na sede do Colexio Notarial de Cataluña, en Barcelona.
A Academia de Opositores do Colexio Notarial de Galicia, que dirixen as notarias Carmen Alicia Calaza López e María Isabel Louro García, achega así unha parte relevante dos novos 92 notarios e notarias, que nos próximos meses tomarán posesión dos seus destinos.
Os 92 aprobados, que representan o 11,6% dos 796 rexistrados, o 55,44% son mulleres, e o 44,56%, homes. Das oito persoas pertencentes á Academia galega que superaron as probas, catro son mulleres
A media de idade dos aprobados nesta oposición foi de 30 anos. Á súa vez, as notas máis altas foron un 7,15 sobre 10 durante o primeiro exercicio; un 7,20 sobre 10 no segundo exercicio; e un 19,70 sobre 20 no terceiro exercicio.
En canto á súa procedencia, a comunidade autónoma con maior número de novos notarios foi Andalucía (22), seguida da Comunidade Valenciana (13), a Comunidade de Madrid (11), Cataluña (10) e Galicia (8).
Como anécdota desta convocatoria cabe sinalar que aprobaron tres parellas de irmáns, entre os cales dúas irmás, as dúas da Academia galega, son xemelgas.