Jornada sobre discapacidade na Fundación Sálvora - Jornada sobre discapacidade na Fundación Sálvora - Colegio Notarial de Galicia

Actualidade
Noticias
Buscador
A Fundación Sálvora debate sobre discapacidade no seu 35º aniversario
Celebrou unha xornada informativa sobre a situación actual das persoas con discapacidade e as súas familias na que participaron notarios, avogadas e membros da entidade social

18/12/2025
A Coruña, 18 de decembro de 2025. A Fundación Sálvora celebrou onte na sede de Afundación de Vigo, unha xornada informativa sobre a situación actual das persoas con discapacidade e as súas familias desde a entrada en vigor da Lei 8/2021 para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica.
O acto, organizado con gallo do 35º aniversario da Fundación, foi inaugurado por Patricia Iglesias, concelleira de Atención á Cidadanía, e María Ángeles Rouco, directora territorial en Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, coa intervención de Cipriano Jiménez cofundador e patrón da fundación.
A notaria de Nigrán e subdelegada autonómica da Fundación Aequitas, Lucía Cagigas, e o notario de Vigo e colaborador de Aequitas José Luis Espinosa, referíronse as ferramentas notariais para salvagárdaa de dereitos das persoas con discapacidade, como a posibilidade de que outorguen testamento -prohibida no sistema de incapacitación xudicial anterior á Lei 8/2021-, a importancia de que pais e nais planifiquen o futuro dos seus fillos mediante testamento, os poderes preventivos ante unha discapacidade sobrevinda, as medidas voluntarias de apoio, os documentos de instrucións previas e a figura do patrimonio protexido.
As avogadas María Álvarez e Ana Sáenz expuxeron os beneficios fiscais dispoñibles e as dificultades derivadas da interpretación restritiva da Lei 8/2021 por parte da AEAT e a Seguridade Social, que supuxeron a perda de dereitos e prestacións para moito familias.
Na mesa redonda participaron tamén Basilio Iglesias e Olga Seijo, persoa apoiada e nai da fundación, respectivamente, que contaron a súa propia experiencia sobre os sistemas de apoio e o traballo que realiza a entidade.