XVI Asamblea Xeral da Irmandade Xurídica Galega - XVI Asamblea Xeral da Irmandade Xurídica Galega - Colegio Notarial de Galicia

Actualidade
Eventos
Buscador
21 xuño 2025
Celebrado
Sinatura de convenio de normalización lingüística
A Irmandade Xurídica Galega, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Colexio Notarial de Galicia asinan un convenio para impulsar o uso do galego nas notarías

O vindeiro 21 de xuño, ás 12:00 horas, se celebrará a XVI Asamblea Xeral da Irmandade Xurídica Galega na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, que constará de diversos actos entre os que se contan a formalización dun convenio entre a propia Irmandade Xurídica Galega, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Colexio Notarial de Galicia, así como o descubrimento dun busto do finado compañeiro D. Victorino Gutiérrez Aller, quen foi notario de Lalín.
No desexo de recoñecer e impulsar a lingua galega no ámbito notarial faise extensiva a invitación a tomar parte nestes actos a todos aqueles colexiados que queiran participar.
A Irmandade organiza ao remate da asamblea un ágape nas instalacións da Facultade. Os interesados en asistir ó devandito convite deberán ingresar previamente a cantidade de 33 euros por persoa na conta da Asociación de Funcionarios ES91 2080 5209 4130 4000 9205, ata o 17 de xuño, indicando nome e apelidos.