Presentación - Colegio Notarial de Galicia

Academia de Opositores

Presentación

Un dos aspectos máis descoñecidos da oposición para notarías é o relativo ao sistema de preparación. Durante esa fase é frecuente que ao opositor se lle pregunte quen o prepara, canto paga por iso e con que frecuencia acode ao preparador.

Acto seguido o opositor explica que a oposición para notarías é distinta ás demais. Que o lugar onde se prepara non é unha academia ao uso, senón unha academia especial dedicada exclusivamente á preparación das oposicións para notarías. Que dita academia é totalmente gratuíta, proporciona o temario e asigna preparadores. E todo iso a cambio do compromiso tácito de que, unha vez aprobada a oposición, o novo notario en exercicio se compromete a asumir esas mesmas tareas, tal como fixeron as xeracións anteriores.