Aviso Legal - Colegio Notarial de Galicia

Políticas Web

Aviso legal

1. INFORMACIÓN LEGAL

O Colexio Notarial de Galicia (en diante "C. N. de Galicia"), é o titular do sitio http://www.galicia.notariado.org (en diante "o sitio web"), constituído baixo a forma legal de corporación de dereito público, con domicilio social na rúa Arcebispo Lago, nº 12, 15004 da Coruña, telf. 981 12 04 78 , fax 981 12 20 14.

2. CONDICIÓNS DE USO E ACCESO

O presente Aviso legal regula o uso do servizo do sitio web que o C. N. de Galicia pon á disposición dos usuarios en Internet.

A utilización do sitio web e dos seus contidos atribúe a condición de usuario deste (en diante, o "usuario") e implica a aceptación de todas e cada unha das condicións incluídas no presente Aviso legal, na versión publicada no momento en que se acceda ó mesmo. O usuario obrígase a facer un uso dilixente do sitio web, de acordo coa lei e o presente Aviso legal. O usuario debe ler atentamente o presente Aviso legal en cada unha das ocasións en que se propoña utilizar o sitio web, posto que as condicións de uso poderán sufrir modificacións.

O acceso ao sitio web é gratuíto salvo no relativo ao custo da conexión a través da rede de telecomunicacións fornecida polo provedor de acceso contratado polo usuario.

O C. N. de Galicia resérvase o dereito de interromper en calquera momento e sen previo aviso o acceso ao sitio web, así como de interromper a prestación de calquera ou de todos os servizos que se prestan a través do sitio, xa sexa por motivos técnicos, de seguridade, de mantemento, por fallos de subministración eléctrica ou por calquera outra causa. A devandita interrupción poderá ter carácter temporal ou definitivo.

O C. N. de Galicia non garante a fiabilidade e dispoñibilidade do seu sitio web, polo que a utilización deste por parte do usuario lévase a cabo pola súa propia conta e risco. Determinados servizos son exclusivos para os notarios, o seu acceso atópase restrinxido, e poderán estar sometidos a condicións particulares que, no seu caso, substitúan e/ou modifiquen o presente Aviso legal. Nestes casos, como requisito previo para poder acceder ao servizo, o notario deberá rexistrarse, para o cal deberá escoller un identificador e contrasinal e facilitar toda a información solicitada. O uso do contrasinal é persoal e intransferible. O notario comprométese a facer un uso dilixente deste e a mantelo en segredo, asumindo toda responsabilidade polas consecuencias da súa divulgación a terceiros.

3. OBXETO

O presente sitio web ten por obxecto dar a coñecer a todos os usuarios a información e servizos ofrecidos polo C. N. de Galicia, e poderase modificar, en calquera momento e sen previo aviso, o deseño, a presentación ou a configuración do sitio web, así como os seus contidos.

A información proporcionada neste sitio web está dirixida a complementar, e non a substituír, o asesoramento que en todo caso debe obterse directamente dos notarios, pois a devandita información resulta insuficiente para a toma de decisións persoais ou empresariais por parte do usuario.

4. FORMULARIOS DE RECOLLIDA DE DATOS

A utilización de certos servizos ou solicitudes ao C. N. de Galicia estarán condicionadas á previa cobertura dos formularios do correspondente rexistro de usuario.

Toda a información que facilite o usuario a través dos formularios do sitio web para os efectos anteriores, así como para calquera outro, deberá ser veraz. Para estes efectos, o usuario garante a autenticidade de todos aqueles datos que comunique e manterá actualizada a información facilitada, sendo responsable da información falsa ou inexacta que proporcione e dos prexuízos que cause ao C. N. de Galicia.

5. INTRODUCIÓN DE LIGAZÓNS AO SITIO WEB

O usuario de Internet que introduza ligazóns desde as súas propias páxinas ao sitio web deberá cumprir coas seguintes condicións:

  • A ligazón unicamente vinculará á páxina de inicio do sitio web, pero non poderá reproducila de ningún xeito (copia dos textos, gráficas etc.).
  • Queda prohibido, de acordo coa lexislación vixente en cada momento, establecer frames ou marcos de calquera tipo que envolvan o sitio web ou permitan a visualización dos contidos a través de enderezos de Internet distintos aos do sitio web e, en calquera caso, cando se visualicen conxuntamente con contidos alleos ao sitio web, de forma que:
    • produza, ou puidese producir, erro, confusión ou engano nos usuarios sobre a verdadeira procedencia do servizo ou contidos;
    • supoña un acto de comparación ou imitación desleal;
    • sirva para aproveitar a reputación do prestixio do C. N. de Galicia;
  • O sitio web que insira a ligazón non poderá realizar ningún tipo de manifestación falsa, inexacta ou incorrecta sobre o C. N. de Galicia, os seus membros e, en xeral, do corpo notarial.
  • En ningún caso se expresará no sitio web onde se sitúe a ligazón que o C. N. de Galicia presta o seu consentimento para a súa inserción ou que doutra forma patrocina, colabora ou verifica os servizos de quen insire a ligazón.
  • O sitio web que estableza a ligazón cumprirá coa lei e non poderá en ningún caso dispor de contidos propios ou de terceiros, ou ligar con estes, cando:
    • sexan ilícitos, nocivos ou contrarios á moral e aos bos costumes (pornográficos, violentos, racistas, etc.);
    • induzan ou poidan inducirlle ao usuario a falsa concepción de que o C. N. de Galicia subscribe, adhírese ou de calquera xeito apoia as ideas, manifestacións ou expresións, lícitas ou ilícitas, do remitente; ou
    • resulten inapropiados coa actividade do C. N. de Galicia con relación ao lugar, contidos e temática da páxina ou sitio web do remitente.
6. PROPIEDADE INDUSTRIAL E INTELECTUAL

Toda a información contida neste sitio web, así como o deseño gráfico, imaxes, códigos fonte, marcas, nomes comerciais, denominacións, artigos, informes, etc., están suxeitos aos dereitos de propiedade intelectual e industrial do C. N. de Galicia ou de terceiros.

Baixo ningún suposto o acceso ao sitio web supón a renuncia, transmisión, cesión ou licenza total ou parcial dos devanditos dereitos de propiedade intelectual ou industrial, nin confire ningún dereito de utilización, tradución, adaptación, alteración, explotación, reprodución, distribución ou comunicación pública, con fins comerciais, dos devanditos contidos sen a previa e expresa autorización do C. N. de Galicia ou do terceiro titular dos dereitos afectados. Quedan a salvo os dereitos do usuario a visualizar e obter unha copia na memoria caché do seu computador, como reprodución transitoria e accesoria, sen que en ningún caso estea autorizado para comunicar esta a terceiros.

A infracción de calquera dos citados dereitos pode constituír unha vulneración das presentes disposicións, así como un delito castigado de acordo cos artigos 270 e seguintes do Código Penal.

7. RESPONSABILIDADE

O C. N. de Galicia non será responsable das interrupcións do servizo, demoras, erros ou mal funcionamento do devandito servizo que teñan a súa orixe en causas alleas ao propio C. N. De Galicia ou debidas a unha actuación dolosa ou culpable do usuario, ou por mor de forza maior. Son causas de forza maior os fallos de terceiros, do operador ou de compañías de servizos, a falta de acceso a redes de terceiros, os actos ou omisións das autoridades públicas, os actos producidos como consecuencia de fenómenos naturais, apagamentos, etc., e o ataque de piratas informáticos ou de terceiros especializados contra a seguridade ou integridade do sistema informático, sempre que o C. N. de Galicia adopte todas as medidas de seguridade existentes de acordo co estado da técnica.

En calquera caso, sexa cal for a súa causa, o C. N. de Galicia non asumirá responsabilidade ningunha xa sexa por danos directos ou indirectos, danos emerxentes e/ou por lucro cesante.

O C. N. de Galicia non se responsabiliza dos contidos e opinións de terceiros publicados no seu sitio web, nin da información contida nas páxinas web de terceiros ás que se poida acceder por ligazóns ou buscadores do sitio web, posto que a función destes é a de informar o usuario sobre a existencia doutras fontes de información verbo desa materia en Internet, onde poderá ampliar os datos ofrecidos neste sitio web. Por todo iso, o C. N. de Galicia non será responsable do resultado obtido a través desas ligazóns hipertextuais.

Cando se poida acceder a páxinas web de terceiros por medio de buscadores ou ligazóns, o C. N. de Galicia actúa como fornecedor de servizos de intermediación de conformidade co artigo 17 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e o comercio electrónico, e só será responsable dos contidos e servizos ofrecidos nos sitios ligados na medida en que teña coñecemento efectivo da ilegalidade e non desactive a ligazón coa dilixencia debida.

En ningún caso a existencia de sitios ligados debe presupor a existencia de acordos cos responsables ou titulares destes, nin a recomendación, promoción ou identificación do C. N. de Galicia coas manifestacións, contidos ou servizos provistos.

O C. N. de Galicia non coñece os contidos e servizos dos sitios ligados e xa que logo non se fai responsable dos danos producidos pola ilegalidade, calidade, desactualización, indispoñibilidade, erro e inutilidade dos contidos e/ou servizos dos sitios ligados nin por calquera outro dano que non sexa directamente imputable ao C. N. de Galicia.

O C. N. de Galicia non se fai responsable da utilización que o usuario faga dos servizos do sitio web ou dos seus contrasinais, así como de calquera outro material do sitio web que infrinxa os dereitos de propiedade intelectual ou industrial ou calquera outro dereito de terceiros.

O C. N. de Galicia non se fai responsable dos danos que se poidan causar nos equipos dos usuarios por posibles virus informáticos ocasionados por mor da navegación do usuario no sitio web, ou por calquera outros danos derivados desa navegación. Corresponde ao usuario, en todo caso, dispor de ferramentas adecuadas para a detección e desinfección de programas informáticos daniños.

O C. N. de Galicia non ofrece ningunha garantía de ausencia de erros en ningún dos contidos do seu sitio web, ademais de non garantir a corrección de calquera defecto ou a ausencia de virus e demais compoñentes daniños no presente sitio web ou no seu servidor.

O usuario responderá fronte ao C. N. de Galicia de calquera dano e prexuízo que se puidese causar como consecuencia do incumprimento das condicións de uso do sitio web e demais obrigacións establecidas no presente Aviso legal.

8. PUBLICIDADE

Determinadas partes do sitio web poden albergar contidos publicitarios ou estar patrocinados. Os anunciantes e patrocinadores son os únicos responsables de asegurar que o material remitido para a súa inclusión no sitio web cumpre coas leis que en cada caso poidan ser de aplicación.

9. LEI APLICABLE E XURISDICIÓN

O C. N. de Galicia cumpre as disposicións da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal así como a súa normativa de desenvolvemento, e adoptou os niveis de seguridade requiridos polo Real decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, é dicir, as medidas necesarias para evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado aos datos persoais, tendo en conta en todo momento o estado da tecnoloxía.

© 2020, ILUSTRE COLEGIO NOTARIAL DE GALICIA