Expedientes Matrimoniais - Colegio Notarial de Galicia

Servizos

Expedientes Matrimoniais

Desde o pasado 30 de abril de 2021, os notarios, ademais de celebrar matrimonios, poden tamén tramitar os Expedientes Matrimoniais.

As persoas interesadas deberán cumprimentar e asinar o formulario adxunto e remitilo á seguinte dirección de correo electrónico: matrimonios@galicia.notariado.org ou ben poden entregalo presencialmente no Colexio Notarial, Rúa Arcebispo Lago 12, 15004 A Coruña.

Cómpre achegar pdf do dni ou pasaporte e nie (o que proceda en cada caso) de ambos contraentes e pdf do certificado de empadroamento do contraente cuxo domicilio sexa elixido a efectos da tramitación do expediente.

É imprescindible a comparecencia persoal de ambos contraentes para a práctica da audiencia reservada  ante o notario. De non ser iso posible non procederá a tramitación notarial de expediente, debendo acudirse ao Rexistro Civil correspondente.

Unha vez recibido correctamente o formulario, o Colexio Notarial de Galicia procederá a comunicar aos contraentes o notario asignado para a tramitación do expediente, co que deberán poñerse en contacto. A designación de notario está suxeita a quenda atendendo ao concello –dun dos contraentes- indicado na solicitude.

A tramitación do expediente matrimonial ten un custo derivado da actuación notarial, suxeito ao arancel, do que pode informarse en Notaríaa asignada.

Para máis información poden dirixirse ás oficinas do Colexio Notarial (981 120 481)

Documento de solicitude