Mesa redonda sobre instruccións previas - Colegio Notarial de Galicia

Actualidade
Eventos
Buscador
18 xan. 2024 - 18 xan. 2024
Celebrado
Colexio Notarial de Galicia
O documento de instrucións previas como instrumento ao servizo da sociedade: información, outorgamento e rexistro
A sede do Colexio Notarial de Galicia acollerá, o 18 de xaneiro de 2024 ás 19:00 horas, unha mesa redonda organizada polo Ilustre Colexio Notarial de Galicia e a Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación sobre "O documento de instrucións previas como instrumento ao servizo da sociedade: información, outorgamento e rexistro".

Intervirán como relatores:
Dª María José Gil Caballero, notaria da Coruña e vicedecana da xunta directiva do Ilustre Colexio Notarial de Galicia
Dª Natalia Lobato Mosquera, secretaria xeral técnica (Consellería de Sanidade).
Dª Margarita Tasende Souto, responsable do Rexistro Galego de Instrucións Previas, Secretaría Xeral Técnica (Consellería de Sanidade).
Dª Nieves Molíns Gauna, especialista en Anestesioloxía e Reanimación da área Sanitaria da Coruña e Cee, presidenta da Comisión de Garantía e Avaliación da Eutanasia de Galicia.
D. José Luis Jiménez Martínez, especialista en Medicina Interna da área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, membro da Comisión de Garantía e Avaliación da Eutanasia de Galicia.