SESIÓN INFORMATIVA - Colegio Notarial de Galicia

Actualidade

Eventos

Buscador

null SESIÓN INFORMATIVA

23 out. 2026

Celebrado

Herdanzas e legados solidarios na Asociación Española contra o Cancro


A Coruña, 19 de outubro de 2026. O Colexio Notarial de Galicia e a Asociación Española Contra o Cancro reuniranse o venres, 23 de outubro, na sede coruñesa da institución colexial nunha sesión informativa que ten como propósito dar a coñecer a fondo o labor asistencial da asociación e profundar no impacto dos legados solidarios, un acto de xenerosidade clave para o sostemento de causas sociais.

Como parte do compromiso humano e social que caracteriza á función notarial, o Colexio formalizará un convenio de colaboración coa asociación para apoiar e dar visibilidade aos seus servizos esenciais de investigación, prevención e acompañamento a pacientes oncolóxicos e as súas familias.