Entrevista con Alicia Calaza - Colegio Notarial de Galicia

Actualidade

Noticias

Buscador

null Entrevista con Alicia Calaza

Calaza: "O Código Civil está desfasado, sobrepasado pola lexislación autonómica"

Alicia Calaza López, directora da Academia Notarial de Galicia, foi invitada a participar na sección «De decana a decana» de Diario La Ley que, nesta ocasión, conversou con Sonia Calaza, decana da Facultade de Dereito da UNED e coordinadora da sección, sobre a actualidade da función notarial

30/04/2026

A Coruña, 30 de abril de 2026. A notaria da Estrada (Pontevedra) e directora da Academia Notarial de Galicia, Alicia Calaza López, reflexiona, na entrevista publicada en Diario La Lei, sobre diversas cuestións que incumben á súa profesión

"O noso Código Civil está desfasado e viuse -con contundencia exprésoo- sobrepasado por unha lexislación autonómica máis acorde coa realidade socioeconómica contemporánea", sostén Calaza.

Na entrevista tamén repasa o proceso de transformación dixital do Notariado, a función social e preventiva da actividade notarial como garante da "Cultura da Paz", evitando litixios xudiciais mediante o asesoramento imparcial e a mediación; as novas competencias que lles outorgou a Lei de Xurisdición Voluntaria; e a protección dos maiores e persoas con discapacidade, con análise de ferramentas como os poderes preventivos, o contrato de alimentos e a hipoteca inversa como solucións para garantir a autonomía e o benestar das persoas vulnerables.

Tamén alude ao sistema de oposición e suxire a posible unificación das de Notarías e Rexistros para evitar a escaseza de vocacións.

Pode lerse a entrevista completa nesta ligazón