Vivenda - Comparativa interanual febreiro 2026 - febreiro 2025 - Colegio Notarial de Galicia

Actualidade

Noticias

Buscador

null Vivenda - Comparativa interanual febreiro 2026 - febreiro 2025

A compravenda de vivendas decreceu en Galicia un 8,2%

O prezo do m² baixa na comunidade autónoma un 2,5% interanual e os préstamos para adquisición de vivenda diminúen un 0,1%. No conxunto de España as operacións caen un 7,7%, os prezos increméntanse un 5,4% e as hipotecas un 0,2%. A constitución de novas sociedades crece en Galicia un 7,6% interanual fronte a un 25,6% de media estatal

30/04/2026

A Coruña, 30 de abril  de 2026. En febreiro  de 2026, con respecto a febreiro  de 2025, a compravenda de vivendas decreceu en Galicia  un 8,2%.

Este descenso de operacións acompáñase dunha redución do 0,1% na concesión de préstamos hipotecarios para a adquisi

ción de vivenda, e a pesar de rexistrarse un abaratamento do 2,5% no prezo do m².
No conxunto de España, o descenso de compravendas foi do 7,7% interanual, o prezo do m² subiu un 5,4% e as hipotecas só creceron un 0,2%.

Menos compravendas a maior prezo

En febreiro  efectuáronse na comunidade autónoma 2.180 compravendas de vivenda e o prezo medio foi de 1.158 €/m², un 2,5% máis barato que un ano antes.

No reconto territorial, a compravenda caeu en 14 comunidades e incrementouse en tres. Destacan os descensos Canarias (-21,0%), Navarra (-19,2%), Illas Baleares (-18,6%) e Asturias (-17,6%) en contraste co aumento de operacións en Castela-A Mancha (14,0%), Cantabria (6,5%) e A Rioxa (1,3%).

En canto aos prezos, encareceron en 12 autonomías e diminuíron en cinco. As subidas máis fortes foron en Cantabria (18,3%), Comunidade Valenciana (17,4%), Castela-A Mancha (11,6%) e Asturias (11,4%), e as baixadas máis pronunciadas en Navarra (-13,7%), Estremadura (-3,5%).

Variación interanual de compravendas por CC.AA. de febreiro 2025 a 2026
  Máis préstamos para vivenda

En febreiro pasado concedéronse en Galicia 1.092 préstamos hipotecarios para adquisición de vivenda, un 0,1% menos que  en febreiro  de 2025, e por baixo  da media nacional do 0,2%. 
A contía media destes préstamos subiu na comunidade autónoma un 8,9% interanual, ata alcanzar os 136.961 euros. 

Un 50,1% das compras de vivendas financiouse mediante un préstamo hipotecario, fronte a un 54,5%de media no conxunto de España. Ademais, a contía do préstamo supuxo en Galicia unha media do 74,5% do prezo, por un 72,4%de media española.

Os préstamos para adquirir vivenda decreceron en nove  autonomías, especialmente en Navarra (-15,9%), Asturias (-15,9%) e Canarias (-12,3%).

Incremento da constitución de sociedades

Os datos do Centro de Información Estatística do Notariado tamén revelan que en febreiro de 2026 constituíronse en Galicia 458 sociedades, o que supón un aumento do 7,6% interanual, fronte a un aumento medio en España do 25,6%. A creación de novas sociedades aumentou en 14 autonomías, destacando as alzas en Estremadura (67,9%), Cataluña (44,7%) e Comunidade Valenciana (36,5%). 


Os datos dos últimos tres meses das series desta nota son provisionais ata dispoñer do 100% da información con que se elaboran estes informes.