CONGRESO INTERNACIONAL EN ZAMORA - Colegio Notarial de Galicia

Actualidade
Noticias
Buscador
Congreso en Zamora sobre economía, xustiza e sanidade con presencia galega
Zamora acollerá, os días 14, 15 e 16 de outubro, o Congreso Internacional 'A transversalidade dunha Xustiza sen horizontes: Dereito, Economía, Xustiza e Sanidade', organizado pola Facultade de Dereito da UNED

25/09/2026
A Coruña, 25 de octubre de 2026. Zamora acollerá, os días 14, 15 e 16 de outubro, o Congreso Internacional A transversalidade dunha Xustiza sen horizontes: Dereito, Economía, Xustiza e Sanidade, que contará con presenza galega da man da súa codirectora, Sonia Calaza López, catedrática de Dereito Procesual e decana da Facultade de Dereito da UNED e presentadora do evento, e a notaria de Santiago de Compostela Inmaculada Espiñeira Soto, co relatorio Función notarial no ámbito internacional. Presente e futuro. Ademais, formará parte do comité científico o decano do Colexio Notarial de Galicia, José María Graíño Ordóñez.
O congreso, organizado pola UNED e a súa Facultade de Dereito, está enmarcado en proxectos de I+D+i e redes de investigación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Acompañarán a Calaza na dirección do evento Fátima Yáñez Vivero, catedrática de Dereito Civil e directora da Escola de Práctica Xurídica da UNED; Francisco Javier Jiménez Muñoz, catedrático de Dereito Civil da UNED; e Antonio Rodríguez González, doutor en Dereito e avogado do Despacho DyR.
Programación:
Mércores 14 de outubro: Relatorio inaugural sobre o recurso de casación penal, a cargo de Julián Sánchez-Melgar, maxistrado de la Sala do Penal do Tribunal Supremo, seguida da primeira mesa sobre xustiza organizativa e procesual, e a segunda mesa sobre xustiza dixital e intelixencia artificial.
Xoves 15 de outubro: Terceira mesa centrada en xustiza civil e mercantil, e cuarta mesa dedicada á xustiza social, sanitaria e económica.
Venres 16 de outubro: Quinta mesa sobre xustiza penal, climática e ecolóxica, e un relatorio de clausura acerca do recurso de casación civil, por Francisco Marín Castán, maxistrado da Sala do Civil do Tribunal Supremo (2000-2024).
Inscrición:
A inscrición é gratuíta e está aberta ata completar o aforo mediante un formulario en liña.