VIVENDA EN GALICIA - Colegio Notarial de Galicia

Actualidade

Noticias

Buscador

null VIVENDA EN GALICIA

A compravenda de vivienda cae un 13,4% e o prezo dispárase un 19,8%

No conxunto de España as operacións diminuíron un 11,1% e o custe do m² encareceu un 7,7% - A concesión de préstamos para vivenda reduciuse un 6,9% na comunidade autónoma

30/09/2026

A Coruña, 30 de setembro de 2026. En xullo de 2026, con respecto ao mesmo mes do ano anterior, a compravenda de vivendas experimentou unha baixada do 13,4% en Galicia, seguindo a tendencia xeneralizada no conxunto de España (-11,1%). 

Este descenso de operacións veu acompañado por un incremento do 19,8% interanual no prezo do m² e un recorte do 6,9% na concesión de préstamos hipotecarios para adquisición de vivenda. Pola súa banda, a creación de empresas mostrou na comunidade autónoma un comportamento positivo, cun aumento interanual do 11,8%. 

Menos compravendas e a un maior prezo 

Durante o mes de xullo formalizáronse na comunidade galega 2.358 compravendas de vivenda, a un prezo medio en 1.396 €/m². Por tipoloxía de inmoble, a compravenda de pisos caeu un 12,2% interanual (1.664 operacións), mentres que a de vivendas unifamiliares descendeu un 16,3% (694 transaccións rexistradas). O prezo medio dos pisos aumentou un 25,5% ata os 1.956 €/m², e o das unifamiliares, un 4,7%, alcanzando os 796 €/m². 

Por comunidades autónomas, a compravenda de vivenda reduciuse en 16 -sobresaen o País Vasco (-20,2%), A Rioxa (-20,1%) e Comunidade Valenciana (-19,1%)- e só creceu en Estremadura (0,9%).

En canto ao prezo do m², que subiu un 7,7% en España, encareceuse en 16 autonomías, entre as que destacan Asturias (29,3%), Murcia (22,3%), Galicia (19,8%) e Canarias (18,8%), e só en Baleares os prezos non variaron respecto a xullo de 2025.

Caída en hipotecas para vivenda

En xullo concedéronse en Galicia 1.164 préstamos hipotecarios para adquisición de vivenda, o que representa unha diminución do 6,9% respecto a xullo de 2025, fronte ao descenso medio estatal do 4,9%. 

A contía media destes préstamos ascendeu un 4,5% interanual na comunidade autónoma, ata situarse en 146.038 euros. 

Un 49,4% das compras de vivenda efectuadas na comunidade autónoma financiouse mediante préstamo hipotecario (fronte ao 56,1% de media en España). Así mesmo, o importe do préstamo cubriu de media un 71% do prezo de adquisición do inmoble en Galicia, situándose moi próximo á media estatal do 71,6%. 

Os préstamos descenderon en 15 comunidades, coas maiores caídas na Rioxa (-26,9%) e Asturias (-19,6%), e creceron en Estremadura (3,1%) e Cataluña (2,9%). 

Crece a constitución de sociedades

Os datos do Centro de Información Estatística do Notariado (CIEN) indican que en xullo de 2026 se constituíron en Galicia 425 novas sociedades, o que supón un incremento do 11,8% respecto ao mesmo mes de 2025 e superando amplamente a taxa de crecemento medio español do 0,8%. 

A creación de novas sociedades aumentou en 11 autonomías, destacando as alzas en Navarra (22%), Cantabria (11,8%), e Galicia (11,8%). Diminuíu en seis , con maior intensidade na Rioxa (-26,6%) e País Vasco (-14,2%).

 

Os datos dos últimos tres meses das series desta nota son provisionais ata dispoñer do 100% da información con que se elaboran estes informes.