DÍA MUNDIAL DO NOTARIADO - Colegio Notarial de Galicia

Actualidade
Noticias
Buscador
Notariado: paz social e desenvolvemento económico
O Día Mundial do Notariado que se celebra hoxe conmemora tamén o 78º aniversario da fundación (Buenos Aires, 1948) da Unión Internacional do Notariado Latino (UINL), que agrupa a 93 Notariados de Europa, América, África e Asia

02/10/2026
A Coruña, 2 de outubro de 2026. O Colexio Notarial de Galicia súmase hoxe á celebración do Día Mundial do Notariado e da fundación en 1948 en Buenos Aires (Arxentina) da Unión Internacional do Notariado (UINL), unha institución que agrupa a 93 Notariados de Europa, América, África e Asia,
Na súa saudación polo Día Mundial, o presidente da UINL, o notario mexicano David Figueroa Márquez, resalta que a institución notarial "é esencial para a seguridade xurídica, a transparencia, a confianza, a paz social e o desenvolvemento económico das nacións".
Figueroa afirma que os notarios e notarias "son profesionais comprometidos co coñecemento, a ética e a legalidade", cuxa actividade "brinda certeza e prevén conflitos".
Pola súa banda, a notaria Itziar Ramos escribe hoxe en Abc sobre o valor da seguridade xurídica preventiva e a función que desempeñan os notarios ao servizo da sociedade:
"O Notariado latino -subliña- baséase na seguridade xurídica preventiva, é dicir, en evitar o conflito mediante a intervención dos notarios, que asesoramos de maneira imparcial ás partes tendo en conta o interese máis necesitado de protección, controlamos a legalidade do negocio xurídico e a capacidade dos intervenientes".
Expansión internacional do Notariado
Entre os 93 estados membro inclúense os pertencentes a 22 dos 27 países da Unión Europea e 15 dos 19 do G20, ilustrando así a expansión do sistema xurídico continental.
Actualmente atópase implantado en ao redor de 120 países, representando os dous terzos da poboación mundial e máis do 60% do Produto Interno Bruto mundial.
Pode seguirse a alocución completa do presidente da UINL no vídeo adxunto.