A compravenda de vivenda baixa un 7,3% en Galicia en agosto - Colegio Notarial de Galicia

Actualidade

Noticias

Buscador

null A compravenda de vivenda baixa un 7,3% en Galicia en agosto

A compravenda de vivenda baixa un 7,3% en Galicia na súa oitava caída consecutiva

• O prezo do m² sobe un 9,7% interanual na comunidade autónoma e a concesión de préstamos para vivenda redúcese un 5,6% • A constitución de novas sociedades en Galicia descende un 19,5% interanual

29/10/2026

Gráfico 1. Var. Int. de compravendas e prezo por m2 por CC.AA. de agosto 2025 a 2026 Fonte: Centro de Información Estatística do Notariado (CIEN) e Portal Estatístico do Notariado.

A Coruña, 29 de outubro de 2026. En agosto de 2026, con respecto ao mesmo mes do ano anterior, a compravenda de vivendas experimentou unha baixada do 7,3% en Galicia, por baixo da caída rexistrada no conxunto de España (-9,8%).

Este descenso no volume de operacións veu acompañado dun incremento do 9,7% interanual no prezo do m² e un recorte do 5,6% na concesión de préstamos hipotecarios para adquisición de vivenda. Ademais, a constitución de empresas reduciuse un 19,5%.

Menos compravendas a maior prezo

Durante o mes de agosto formalizáronse na comunidade autónoma 1.817 operacións de compravenda de vivenda, situándose o prezo medio en 1.280 €/m² (cun aumento do 9,7% interanual).

Por tipoloxía de inmoble, a compravenda de pisos caeu un 5,8% interanual en Galicia (1.239 operacións), mentres que a de vivendas unifamiliares reduciuse un 10,1% (578 transaccións). O prezo medio dos pisos avanzou un 18,7% ata o 1.758 €/m², e o das unifamiliares baixou un 8,6%, situándose nos 752 €/m².

Por comunidades autónomas, a compravenda de vivenda reduciuse en 16 e só creceu en Cantabria (0,8%). Os descensos máis acusados producíronse en Navarra (-18,8%), Baleares (-17,8%) e Aragón (-16%).

En canto ao prezo do m², que subiu un 12,8% en España, encareceuse en 15 autonomías, entre as que destacan (23,6%), Cantabria (23,6%) e Murcia (20,6%), e só se abaratou en Navarra (-7,0%) e Baleares (-4,9%).

Caída nas hipotecas para vivenda

En agosto concedéronse en Galicia 860 préstamos hipotecarios para a adquisición de vivenda, o que representa unha diminución do 5,6% respecto a  agosto de 2025, a mesma porcentaxe que a media estatal.

A contía media destes préstamos ascendeu un 9% interanual na comunidade autónoma, ata situarse en 140.167 euros.

Un 47,3% das compras de vivenda efectuadas na comunidade autónoma financiouse mediante préstamo hipotecario (fronte ao 57,4% de media en España). Así mesmo, o importe do préstamo cubriu de media un 73,1% do prezo de adquisición do inmoble en Galicia, case idéntica á media estatal do 73,2%.

Os préstamos hipotecarios para adquirir vivenda descenderon en 14 autonomías, sobre todo en Cantabria (-19,9%), Baleares (-13,1%) e Aragón (-11,49), e creceron en Murcia (5%), Canarias (2,4%) e País Vasco (1,3%). 

Diminúe a constitución de sociedades

Os datos do Centro de Información Estatística do Notariado (CEN) indican que en agosto de 2026 se constituíron en Galicia 230 novas sociedades, o que supón un descenso do 19,5% respecto ao mesmo mes de 2025 (fronte á baixada media do 12,1% en España).

A creación de novas sociedades aumentou en sete autonomías, entre as que destacan A Rioxa (64%), Navarra (28,9%) e Asturias (16,4%) e reduciuse en dez, con fortes caídas en Castela-A Mancha (-28,8%) e Estremadura (-24,1%).

 

Os datos dos últimos tres meses das series desta nota son provisionais ata dispoñer do 100% da información con que se elaboran estes informes.