A compravenda de vivenda crece en Galicia e descende no conxunto de España - A compravenda de vivenda crece en Galicia e descende no conxunto de España - Colegio Notarial de Galicia

Actualidade

Noticias

Buscador

null A compravenda de vivenda crece en Galicia e descende no conxunto de España

A compravenda de vivenda crece un 1,5% en Galicia e baixa un 1% no conxunto de España

Os préstamos para adquisición de vivenda aumentan na comunidade autónoma un 10,8%, e os prezos soben un 6,8%

30/09/2025

A Coruña, 30 de setembro de 2025. En xullo de 2025, con respecto a xullo de 2024, a compravenda de vivendas en Galicia aumentou un 1,5%, unha media que contrasta con varios meses de subidas de dous díxitos, pero que supera a media do -1% interanual rexistrada no conxunto de España.

En todo caso, as operacións non deixaron de crecer na comunidade autónoma desde marzo de 2024 con respecto ao mesmo mes do ano anterior e é, xunto con Castela e León e Castela-A Mancha, a única que, desde entón, non experimentou ningún decrecemento interanual.

Polo que se refire á concesión de préstamos hipotecarios para adquisición de vivenda, Galicia non deixou de experimentar crecementos interanuais desde decembro de 2023, e en xullo volveu subir un 10,8%. 

Máis compravendas e a maior prezo

En xullo efectuáronse na comunidade autónoma 2.746 compravendas de vivenda e o prezo medio creceu un 6,8%, ata os 1.222 €/m².

Por tipo de inmoble, producíronse 1.920 compravendas de pisos, un 1,9% menos que en xullo de 2024, e 826 de vivendas unifamiliares, un 10,2% máis. 

O prezo medio dos pisos aumentou un 6,7%, ata alcanzar os 1.578 €/m², e o das unifamiliares situouse no 822 €/m², un 20,4% máis que un ano antes.

A compravenda de vivenda creceu en 11 comunidades autónomas e reduciuse en seis. Destacan os incrementos de Navarra (21,5%), Aragón (14,1%) e A Rioxa (12,6%) e, no polo oposto, as caídas en Madrid (-15,5%), Canarias (-11,7%), Cantabria (-8,2%), Comunidade Valenciana (-1,5%), Cataluña (-1,3%) e Andalucía (-1%).

En canto ao custo do m², o incremento medio estatal foi do 4,9% interanual. Os prezos encareceron en todas as autonomías, 12 delas por encima da media española e outras cinco por baixo.

Aumento dos préstamos para vivenda

En xullo pasado concedéronse en Galicia 1.285 préstamos hipotecarios para adquisición de vivenda, un 10,8% máis que en xullo de 2024, e por encima da media estatal do 6%. 
A contía media destes préstamos disparouse na comunidade autónoma un 20,7% interanual, ata alcanzar os 142.554 euros. 

Un 46,8% das compras de vivendas financiouse mediante un préstamo hipotecario, fronte a un 53,3% de media en España. Ademais, a contía do préstamo supuxo na comunidade galega unha media do 74,4% do prezo, por un 72,5% de media no conxunto autonómico.

O número de hipotecas creceu en 13 autonomías, e a contía media, en 14.

Incremento da constitución de sociedades

Os datos do Centro de Información Estatística do Notariado tamén revelan que en xullo de 2025 constituíronse na Galicia 404 sociedades, o que supón un aumento do 24,3% interanual, fronte a unha media estatal do 10,9% e só superado por A Rioxa (64,1%) e Canarias (31,7%).


A creación de novas sociedades aumentou en 14 das 17 comunidades autónomas.

 

Os datos dos últimos tres meses das series desta nota son provisionais ata dispoñer do 100% da información con que se elaboran estes informes.

Documentos

Download Compravendas, prėstamos e sociedades Galicia - Xullo 2025.docx
Download 202509_Series_datos_CIEN_hasta_jul25.xlsx