A compravenda de vivenda en Galicia cae un 6,4% en novembro - Colegio Notarial de Galicia

Actualidade
Noticias
Buscador
Baixa un 6,4% a compravenda de vivenda e os prezos medran un 2,2%
A concesión de préstamos hipotecarios para adquisición de pisos aumentou un 5,3% interanual

29/01/2026

Fonte: Centro de Información Estatística do Notariado (CIEN) e Portal Estatístico do Notariado
A Coruña, 29 de xaneiro de 2026. En novembro de 2025, con respecto a novembro de 2024, a compravenda de vivendas caeu un 6,4% en Galicia, fronte a un descenso do 2,4% no conxunto de España, o prezo do m² subiu un 2,2% e a concesión de préstamos hipotecarios para adquisición de vivenda aumentou un 5,3% interanual.
Menos compravendas a maior prezo
En novembro efectuáronse na comunidade autónoma 2.339 compravendas de vivenda e o prezo medio foi de 1.238 €/m², un 2,2% máis caro que un ano antes, fronte a un incremento medio estatal do 6,3%.
Por tipo de inmoble, producíronse 1.630 compravendas de pisos, un 10,5% menos que no mesmo mes do ano anterior, e 709 de vivendas unifamiliares, un 4,4% máis.
O prezo medio dos pisos aumentou un 8,4%, ata alcanzar os 1.650 €/m², e o das unifamiliares situouse no 759 €/m², un 3,8% menos que un ano antes.
No reconto territorial, a compravenda creceu en oito comunidades e reduciuse en nove. Destacan os aumentos de Navarra (10,4%), Estremadura (5,2%) e A Rioxa (4,2%), e as caídas de Madrid (-14,3%), Baleares (-13,9%) e Cantabria.
Máis préstamos hipotecarios
En novembro pasado concedéronse en Galicia 1.145 préstamos hipotecarios para adquisición de vivenda, un 5,3% máis que en novembro de 2024, lixeiramente por baixo da media española do 6,5%.
A contía media destes préstamos subiu na comunidade autónoma un 21,9% interanual, ata alcanzar os 141.596 euros.
Un 49% das compras de vivendas financiouse mediante un préstamo hipotecario, fronte a un 52,5% de media no conxunto de España. Ademais, a contía do préstamo supuxo en Galicia unha media do 74,3% do prezo, por un 72,4% de media española.
Os préstamos para a adquisición de vivenda creceron en 14 autonomías, especialmente en Navarra (17,4%), A Rioxa (17,3%) e Castela-A Mancha (15,5%), e descenderon en Cantabria (-6,5%), Aragón (-4,1%) e Castela e León (-1,2).
Crece a constitución de sociedades
Os datos do Centro de Información Estatística do Notariado tamén revelan que en novembro de 2025 constituíronse en Galicia 410 sociedades, o que supón un aumento do 13,2% interanual, por unha media estatal do 13%. A creación de novas sociedades aumentou en 15 territorios, destacando as alzas en Navarra (37,1%), Illas Baleares (35,6%) e Illas Canarias (31,2%).
Os datos dos últimos tres meses das series desta nota son provisionais ata dispoñer do 100% da información con que se elaboran estes informes.